Obradoiro de Arte Contemporánea no que 20 nenos de 8 a 12 anos descubrirán durante 5 días a súa creatividade e achegaranse á arte nun contexto lúdico e de lecer no tempo libre.
martes, 29 de julio de 2014
viernes, 18 de julio de 2014
DÍA 5: ILLA DAS ESCULTURAS + ROBERT SMITHSON
DÍA 5: ILLA DAS ESCULTURAS + ROBERT SMITHSON
Hoxe a estabilidade meteorolóxica estaba un pouco dubidosa... pero finalmente puidemos ir de excursión. Antes de saír fixemos os nosos mapas de exploradores artísticos para non perder ningunha das obras da Illa das Esculturas de Pontevedra.
Comezamos o concurso de Fotografía Creativa: en tres equipos tiñamos que tomar as fotos máis orixinais con cada unha das esculturas da Illa. Colgaremos as fotos no próximo post para que opinedes!
ROBERT SMITHSON (LAND ART)
Robert Smithson (1938 - 1973) foi un artista relacionado co movemento Land Art. Estudou pintura e debuxo en Nova Iork e Brroklin. A súa pintura preferida era a abstracta. COmezou a traballar en lugares suburbanos empleando para os seus traballos o termo Earthworks (obras de terra). As súas construccións, esculturais, sen ningunha función utilitaria, son así obras efémeras. As súas obras soen ser xigantescas, construidas con axuda de máquinas industriais, lonxe da poboación. A súa obra máis coñecida é a Spiral Jetty creada en abril de 1970 no Gran Lago Salgado en Utah.








E nós fixemos a nosa pequena espiral homenaxeando á Arte da Terra...
Foi un día duro pero pagou a pena!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

