lunes, 14 de julio de 2014

DÍA 1: CHINDOGUS + MURAKAMI

Ola a todos! Benvidos á nosa bitácora. Hoxe comezamos o campamento, día a día iremos contando o que vamos creando, experimentando e aprendendo, agardamos que vos guste! A crónica de hoxe vai sobre...

TAKASHI MURAKAMI 




Licenciouse na  Universidade Nacional de Belas Artes e Música de Tokio obtendo o Graduado en Nihonga (pintura tradicional xaponesa). Introdúcese na arte contemporánea en 1990. Comeza entón a ser recoñecido dentro e fóra de Xapón pola súa particular síntese entre a arte tradicional e contemporánea xaponesa e a arte pop norteamericana.


http://www.takashimurakami.com/
A súa obra abarca múltiples formas artísticas:  pintura, escultura, deseño industrial e  moda.



Nós deseñamos hoxe as nosas propias camisetas feitas a man inspirándonos nas iconas de Murakami



















Pero ademáis de todo isto, que non é pouco, aprendemos unha nova palabra que nos fixo moita gracia, e nos axudou a liberar a creatividade que levamos dentro:

# CHINDOGU #


Qué é? Un chindogu é un invento que, aparentemente, é a solución ideal a un problema particular pero que na práctica resulta todo o contrario. Os inconvintes adicionais soen facer que dito inxenio sexa inapropiado ou absurdo. exemplos de chindogu







Por suposto nós fixemos uns cantos chindogus...








E ademáis dos chindogus fixemos certos xogos que nos axudaron a colaborar entre nós e facer equipo buscando solucións creativas entre todos:










 Finalmente reflexionamos sobre a xornada e percatámonos de que a Arte é emocion: emoción para nós ao crear e emoción que se xera nos demáis... Mañá máis!




No hay comentarios:

Publicar un comentario