viernes, 18 de julio de 2014

DÍA 4: O GRAFFITI + BANKSY

DÍA 4: GRAFFITI + BANKSY


De novo estamos aquí para contarvos a nosa xornada do xoves, onde aprendemos moitas cousas sobre o pouco comprendido aínda que moi enriquecedor mundo do graffitti actual.

BANKSY

Banksy é o seudónimo deste artista da arte urbá británica. Crese que naceu en Bristol en 1974 pero os datos sobre a súa identidade son incertos e se descoñecen os detalles da súa biografía. Crese que é fillo dun fotocopista, que se formou como carniceiro e viuse implicado no graffiti no boom dos anos 80. A súa obra, na grande maioría pezas satíricas sobre política, cultura pop, moralidade e etnias, combina a escritura co graffiti co uso de estarcidos con plantilla. 
Os seus traballos fixéronse populares ao ser visibles en varias cidades do mundo, especialmente en Londres.


 

 



OAKOAK


A este artista urbano francés tamén lle gusta o anonimato. Non é tan coñecido coma o anterior pero gustounos moitísimo e nos resultou do máis inspirador como poderedes ver a continuación.

Oakoak busca a inspiración cambiando os seus lugares de cotío e explorando novos terrenos. Enfróntase á vía pública como un gran lenzo: "a arte da rúa é de balde, eso é o máis importante. É un enorme museo gratuito que demostra que calquera pode crear algo"



 
 
 
 
 
 


Despois de inspirarnos moitísimo con estes exemplos de graffiti e máis, xiz en man, puxémonos a crear na rúa, isto foi o que saliu...

































E como o graffiti é reivindicativo, fixemos as nosas bandeiras para reivindicar temas que nos preocupan:














E como o día anterior coñeceramos os STORY CUBES e somos uns teatreiros repetimos actividade





MIGUELANXO PRADODe profundis.

Como nos gustou moito este autor na exposicion que visitamos o mércores, Vimos o tráiler da súa película de animación De profundis e quedamos con ganas de vela, así que aquí nos queda o enlace. É un bo filme para seren conscientes das emocións, tan presentes no noso campamento. 



Mañá toca excursión!!! Agardamos que non chova...

No hay comentarios:

Publicar un comentario