DÍA 3: AMAYA GONZÁLEZ REYES + CÓMICS
Benvidos de novo ó noso blog, hoxe tivemos unha xornada chea de historias e, como ven sendo habitual, chea de emocións e creatividade, desta vez "made in Galicia", así que hoxe todo queda na casa...
AMAYA GONZÁLEZ REYES




E inspirándonos nun dos seus últimos traballos tivemos unha lección de origami...
![]() |
| Grulla, da serie Días Soleados |
...Fixemos uns barquiños de vivas cores que deixaremos da man do transcurso do tempo e da luz para ver que lles fan estes dous cara o final do campamento.
Seguimos traballando a creatividade hoxe cuns aparellos que se fan chamar STORY- CUBES que nos axudaron a crear historias que representamos en equipo.
Do cómic á novela gráfica
Finalmente visitamos no Museo de Pontevedra a exposición sobre Cómic. "Sorpresa" é a emoción que máis sentimos ao facer a visita guiada e descubrir cousas como de onde recollen a inspiración os artistas (desde a súa vida cotiá ata a súa experiencia biográfica pasando polas historias biblicas, os libros de Historia universal ou os filmes de Ciencia Ficción), cal é o proceso de creación (desde os primeiros bosquexos no caderno de apuntes ata o tratamento dixital das imaxes) e cómo algunhas historias de banda deseñada se representaron no cine como Arrugas ou filmes de animación como De Profundis, de Miguelanxo Prado, que nos gustou especialmente.
E isto e todo amigos! ata mañán!









Enhorabuena Amaya, me ha encantado tu gusto y estilo en tus diseños. Felicidades
ResponderEliminar