viernes, 18 de julio de 2014

DÍA 5: ILLA DAS ESCULTURAS + ROBERT SMITHSON

DÍA 5: ILLA DAS ESCULTURAS + ROBERT SMITHSON


Hoxe a estabilidade meteorolóxica estaba un pouco dubidosa... pero finalmente puidemos ir de excursión. Antes de saír fixemos os nosos mapas de exploradores artísticos para non perder ningunha das obras da Illa das Esculturas de Pontevedra.



Comezamos o concurso de Fotografía Creativa: en tres equipos tiñamos que tomar as fotos máis orixinais con cada unha das esculturas da Illa. Colgaremos as fotos no próximo post para que opinedes!




E despois de facer un descanso para a merenda fomos ata a praia fluvial para facer unha obra de Land Art inspirados en Robert Smithson















ROBERT SMITHSON (LAND ART)

Robert Smithson (1938 - 1973) foi un artista relacionado co movemento Land Art. Estudou pintura e debuxo en Nova Iork e Brroklin. A súa pintura preferida era a abstracta. COmezou a traballar en lugares suburbanos empleando para os seus traballos o termo Earthworks (obras de terra). As súas construccións, esculturais, sen ningunha función utilitaria, son así obras efémeras. As súas obras soen ser xigantescas, construidas con axuda de máquinas industriais, lonxe da poboación. A súa obra máis coñecida é a Spiral Jetty creada en abril de 1970 no Gran Lago Salgado en Utah.
 

E nós fixemos a nosa pequena espiral homenaxeando á Arte da Terra...













Foi un día duro pero pagou a pena! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario