DÍA 2: JEFF KOONS + PUPPY
Seguimos no campamento máis creativo do universo en Pontevedra, hoxe seguimos a traballar a nosa creatividade traballando esta vez de maneira tridimensional inspirándonos no artista...
JEFF KOONS
Jeff Koons é un artista estadounidense. A súa obra destaca polo uso do kitsch e a súa frecuente monumentalidade. Koons estudou pintura no Instituto de Arte de Chicago e no Colexio de Arte de Maryland. Traballou como corredor de bolsa en Wall Street antes de establecerse como artista. Comezou a facerse notar na década dos 80.
Clasificada a veces como minimalista e Neo-pop, a súa obra consistía inicialmente en escultura conceptual que foi adquirindo monumentalidade (Puppy). A día de hoxe, Koons traballa tanto na escultura de instalación, coma na pintura e a fotografía.





Nós tamén quixemos intentar facer un Puppy coma o do Guggenheim de Bilbao con materiais de refugallo, asique tivemos unha mañá de cans, pero no aspecto positivo...
Plantámoslles sementes coma o can de Koons así que agora, despois de pensarlles un sofisticado sistema de rego só queda agardar a que lles medre a melena a estes cadelo-testos.
E como non, seguimos traballando de forma lúdica a nosa creatividade...
Despois profundizamos no autorretrato. Qué queremos transmitir? Qué perciben os demáis? Cómo nos vemos? Cómo nos ven os demáis? Saíron cuestións moi interesantes para reflexionar...
E como non, seguimos traballando de forma lúdica a nosa creatividade...
Despois profundizamos no autorretrato. Qué queremos transmitir? Qué perciben os demáis? Cómo nos vemos? Cómo nos ven os demáis? Saíron cuestións moi interesantes para reflexionar...
Xa comezamos a falar dunha nova artista na que profundizaremos mañá! Unha pista: é muller e é galega! Mañán máis! Gracias por nos seguiren!



enhorabuena. un trabajo fantástico
ResponderEliminarMoitas gracias! alégranos que vos guste :)
ResponderEliminar